Menu Xerais

«Cara B», de Ignacio Silva; primeiras impresións de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog un post onde adianta as súas impresións de lectura sobre Cara B, de Ignacio Silva. Reproducímolo a continuación:

Dos tres traballos de Ignacio Silva xa lin o primeiro, “Cela aberta”. “Cela aberta” non chega nin a novela breve, podería ser micronovela ou un relato longo. Cando empezas a lelo lembra moito a Mario Benedetti, un home preso e a tortura, mais axiña colle ar propio até dar nunha desas narracións que quen a le non pode esquecer. Dunha intensidade e fondura brillantes, só algunhas corrección gramaticais mellorarían esta crónica do espanto da tortura, esta crónica do alcance do espanto da tortura, esta narración do pozo negro no que a crueldade humana

(esa cegueira), a vinganza incesante que non coñece motivos para existir, vinganza contra a vida

pode volver os días de calquera de nós a menos que espabilemso e se cadra aínda así.

En “Cela aberta” hai un percurso maxistral, o de como o home, en saíndo do seu círculo individual, se converte no inimigo máis implacábel do resto da humanidade. Xa cando na cela son dous se deixa ver sen dúbida; e cando o círculo se amplíe máis aínda que semella diluirse todo…ese esvaecemento non é senón o inicio doutra crueldade aínda máis fonda.

Só por este relato xa fica moi ben pagado o libro.

E o que queda..

Comentarios pechados