Menu Xerais

Carlos Casares, letras galegas 2017

O escritor Carlos Casares (Ourense 1941-Nigrán 202) foi elixido o pasado sábado no plenario da Real Academia Galega como autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Narrador, articulista, editor, autor de literatura infantil e xuvenil, entre outras couas, Carlos Casares formouse academicamente na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro, que exerceu unha grande influencia sobre el. Ademais de director da editorial Galaxia, Casares publicou unha ampla obra literaria que comezou nos anos setenta cos libro de relatos Vento ferido (1967), ao que seguíu a novela Cambio en tres (1969), na que experimenta con diferentes técnicas de vangarda. Entre os seus libros máis coñecidos destacan A galiña azul (1968),  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973),  Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), que supón un retrato da súa xeración, os relatos de Os escuros sonos de Clio e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán.

Así mesmo, o plenario da RAG nomeou académica numeraria electa a Marilar Aleixandre e oficializou as propostas de Chus Pato para ocupar a vacante de número producida polo pasamento de Xosé Fernández Ferreiro e a de Clodio González Pérez como académico correspondente.

 

Comentarios pechados