Menu Xerais

Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente

Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente nun acto organizado pola asociación Arraianos que terá lugar en Celanova que dará comezo ás 10 da mañá coa lectura dun manifesto na praza da vila. Con anterioridade, no ano 2009, recibiron os devanditos nomeamentos o escritor X. L. Méndez Ferrín (2009), o Padre Fontes (2010) e o portugués Bento da Cruz (2011).

Ás 10:30 horas haberá un roteiro literario que percorrerá diferentes espazos literarios de Celanova, incluíndo a visita a unha pintada feita por Celso Emilio Ferreiro ao pé do mosteiro antes de 1936. O nomeamento Celso Emilio Ferreiro como Arraiano Universal, terá lugar na celda onde o poeta estivo retido tres días e tres noites, feito que prendeu Longa noite de pedra.

O nomeamento de Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2012, que se producirá arredor das 12 do mediodía, deixara paso a unha ofrenda floral e un recital poético a cargo de escritores e músicos.

 

Comentarios pechados