Menu Xerais

Cid Cabido estará hoxe en Gondomar con «Unha historia que non vou contar» da man de Espazo Lectura

O escritor Cid Cabido estará esta tarde en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor do seu libro Unha historia que non vou contar.

A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar. A partir dese momento, será o propio autor quen comparta as impresións dos lectores e lectoras sobre o libro.

Comentarios pechados