Menu Xerais

Conciencia idiomática: «O valego», de Xosé Henrique Costas. Crítica de Pilar Ponte

Pilar Ponte publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), de Xosé Henrique Costas.

 

Lección de resistencia

Recoñecemento do idioma

Un ensaio dialectolóxico, o presente? A resposta será afirmativa canto ao obxecto de estudo, mais tanto polo contido do volume como polo seu obxectivo, estamos perante unha obra que vai máis aló, resultando unha lectura interesante non só para filólogos senón tamén para calquera persoa interesada en como a fala pode sobrevivir durante séculos grazas á conciencia idiomática diferenciada dos seus falantes.

O doutor Costas actualiza, reestrutura e revisa os estudos realizados ao longo de dúas décadas de visitas ao Val do Ellas engadindo ademais materiais inéditos. Para isto achega a descrición da xeografía, onomástica, demografía e economía do val formado polos “Tres Lugaris”, realiza unha historia do galego nesta zona, desenvolve as hipóteses sobre o mantemento no tempo desta fala, delimita as falas obxecto d estudo e leva a cabo unha minuciosa descrición lingüística.

Resultan especialmente atractivos o capítulo dedicado ao contexto lexislativo e político das linguas minorizadas en España, así como o que afonda na historia da reivindicación destas falas. Como o autor recolle no epílogo, o que interesa é, que o valego“se coñeza e se recoñeza, que se ame”.

 Pilar Ponte

 

 

Comentarios pechados