Menu Xerais

Conversa a redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez

O sábado 11 de xaneiro ás 12:30 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar unha conversa ao redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez.

No acto participarán Éric Dopazo, músico e transactivista; Ana Ojea, docente, activista e titora LGBTIQ+ no Instituto Politécnico de Vigo e María Reimóndez.

Haberá vermú e petiscos.

Deixa un comentario!