Menu Xerais

Conversas con “Sibila” de Rosa Aneiros en Santiago

Conversas con Sibila de Rosa Aneiros na Libraría Couceiro de Santiago os martes de xuño de 2021 ás 19:00 horas

Os martes de xuño terán lugar as conversas con Sibila de Rosa Aneiros na Libraría Couceiro de Santiago. Reunións dun máximo de 7 persoas para pequenos encontros arredor de Sibila. Hai café e te -cortesía da casa anfitrioa- para axudar a engulir as palabras.  As persoas interesadas poden confirmar asistencia por mensaxe interna de FB, na propia libraría Couceiro ou por correo electrónico a rosaneiros@hotmail.com. É imprescindible confirmación de dispoñibilidade.

Martes 8, 15 e 22 de xuño de 2021

Libraría Couceiro . Santiago de Compostela

Inscrición previa obrigatoria

Comentarios pechados