Menu Xerais

Corenta minutos divertidos e emocionantes de concerto infantil: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Ourense do libro-CD Cousas de papá, con poesía infantil de Raúl Gómez Pato e os poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro . O libro está ilustrado por Blanca Barrio.

 

«Cousas de Papá», concerto presentación en Ourense

Onte ao mediodía participamos na libraría Espazo Lector Nobel de Ourense na presentación do libro disco de poesía infantil Cousas de Papá. Un acto no que participaron activamente moitos picariños que cantaron e bailaron coas cancións que compuxo e interpretou Héctor Lorenzo, sobre os poemas moi imaxinativos e visuais de Raúl Pato. Un libro disco, ilustrado por Blanca Barrio, que ten por fío condutor a figura dun pai algo toliño «capaz de soñar soños soñados nunha noite de vento ventado» ou que contan «como se peiteaba unha serea nas augas do Miño». Tras as palabras de Raúl e Blanca, Héctor interpretou oito dos dez temas do disco, debullando os ritmos da bossa nova, o rock ou o swing galego. Corenta minutos divertidos e emocionantes protagonizados pola música e a poesía para os máis novos.

Comentarios pechados