Menu Xerais

Crítica de Armando Requeixo sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

Baixo o título «Viaxes pola Galicia invisible», os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publicaron unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre a Guía ilustrada da Galicia invisible, do escritor Antonio Reigosa. Extractamos algunhas frases:

Quen se achegue ás páxinas desta Guía ilustrada da Galicia invisible dará cun libro ideal para regalar a nenos e adultos, para deixarse arrastrar curioseando a imaxinativa de noso ou para rastrexar as sorprendentes coincidencias do lendario popular galego co doutras latitudes e tempos, descubrindo o próximas que algunhas destas narracións de orixe oral están doutras historias da Antigüidade clásica ou da Galicia medieval do Códice calixtino, por exemplo.

Antonio Reigosa consegue nesta obra achegarnos a un mundo da memoria ancestral dos nosos que cumpría reactulizar por vía escrita. Ninguén mellor que un autor coa súa mestría e oficio para revisitar e recuperar estas historias de sempre, e ninguén con máis soños de luz nos ollos que a extraordinaria ilustradora Noemí López para agasallarnos coas fermosas imaxes que acompañan os textos deste libro, que non deberían pasar sen ler.

A recensión completa pode lerse aquí.

Comentarios pechados