Menu Xerais

Crítica de Armando Requeixo sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Armando Requeixo publicou unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos, nos xornais Diario de Ferrol e El Ideal Gallego, que extractamos. A recensión pode descargarse íntegra en pdf:

Volve agora á actualidade literaria coa publicación da novela “O bebedor de rakia”, historia das traumáticas vivencias un  soldado drante o conflito da Ex-Iugoslavia, que ve luz en Xerais, a súa casa editora dos últimos anos.

A trama desta narración figura divivida en dous tempos: o pasado da experiencia militar en Bosnia en 1992 e o presente no Madrid de quince anos desois, estando o protagonista preso por unha acusación demaltrato á súa muller, circunstancia na que vai visitalo súa irmá, a quen este conta o seu pasado nos Balcáns, converténdose así en narrataria do relato que, en segunda instancia, nós descubrimos.

(…)

Porén, os amantes das historias de avolto sentimental e escenarios lonxincuos han ter neste “O bebedor de rakia” unha interesante narración da laña que significou a fraticida guerra balcánica, territorio propicio para o xeo dos silencios e o abrocho das miserias e iniquidades todas do ser humano, mais tamén para algunhas –poucas– luzadas de integridade, lealdade e franco amor.

Comentarios pechados