Menu Xerais

Crítica de Armando Requeixo sobre «O camiño de abaixo», de Xohán Casal

«Xohán Casal, medio século despois» é o título da recensión crítica que Armando Requeixo publicou no Diaro de Ferrol e no Diario de Arousa o pasado domingo sobre O camiño de abaixo, de Xohán Casal.

A recensión, que pode lerse enteira aquí, subliña que «Xohán Casal foi un innovador, un visionario da escrita que apenas tivo tempo a desenvolver a poderosa narrativa que gurgullaba do seu caletre». O libro está publicado na colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais.

Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi un autor renovador e, como di a profesora Teresa Bermúdez, responsable da edición, este libro de Casal é «un inmenso berro, arrepiante e telúrico, que o mozo Xohán Casal ceibou en plena ‘longa noite de pedra’; un profundo berro ante a vida e a morte, ante a soidade, o amor e a loucura, ante o alleamento e sempre ante Galicia».

Comentarios pechados