Menu Xerais

Crítica de Armando Requeixo sobre «Svea kött. Carne sueca», de Domingo Tabuyo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica sobre Svea kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Reproducimos algúns parágrafos:

Co bilingüe título de Svea kött (carne sueca) o pontevedrés Domingo Tabuyo publica a súa segunda novela e recunca no xénero do policial e a intriga investigadora, tamén caracterizadoras da que fora a súa primeira aposta narrativa, Carmín (2002).

Nesta nova obra Tabuyo decídese por crear un comisario ao estilo dos grandes do xénero, Sindo Romero, cambadés de nación pero madrileño por adopción laboral, adornado con todos os tópicos e lugares comúns adoitos.

Sindo Romero acabará por ver enguedellados os seus días nunha trama que deberá desenlear e que o ha de levar dende a Arousa ata Madrid pasando por Toledo e Barcelona. No intermedio sucédense as máis inesperadas reviravoltas investigadoras, nas que, a bandazos, se pasa dunha hipótese resolutoria a outra ata o desenlace final, que se deixa en mans da pura e simple casualidade, dando por rematada a intensa procura policial grazas a unha iluminación repentina que experimenta o protagonista mentres ve a televisión e se lle ocorre unha explicación fantástica para o caso. Unha solución, amais, que desvela nada máis e nada menos que unha confabulación a escala planetaria, na que a policía de noso salva o mundo grazas á súa perspicacia.

(…)

Ler a recensión completa.

Comentarios pechados