Menu Xerais

Crítica de «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publica unha nota crítica sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, da que reproducimos algúns parágrafos:

Cando vin anunciada a publicación deste libro no blogue de Xerais tívome moi boa pinta; o argumento, a autora… Agora teño que dicir que me decepcionou a súa lectura.

(…)

Porén, creo que é un libro moi recomendable para os clubs de lectura que proliferan nos centros de ensino de secundaria. O tamaño do libro e as historias de mulleres que nel se nos ofrecen poden dar moito de si nos nosos faladoiros. Creo sinceramente que se lle pode sacar moito partido, porque nos dá pé a falar da situación de moitas mulleres na sociedade actual, da inmigración, da prostitución, da violencia de xénero verbal, da drogadición e da alcolohemia. Da busca de oportunidades. E, mesmo, se existe realmente na nosa sociedade actual xente tan boa como a autora cre. A maldita sogra dunha delas pode dar, mesmo, moito de si.

Comentarios pechados