Menu Xerais

Crítica de Laura Caveiro sobre «Fundación Libélula», de Yashmina Shawki

O suplemento literario Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha crítica de Laura Caveiro sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, que reproducimos:

Lonxe do camiño de rosas
Que non decidan os outros

As libélulas florecen e voan sen medo coa calor primaveral, tralas inclemencias da invernía.As libélulas veñen ser, entón, o símbolo que mellor resume esta novela breve deYashmina Shawki –de quen coñeciamos con anterioridade na nosa lingua Contos ao carón da lareira (2007). Nas primeiras páxinas,a auga corre amares polas rúas en pendente deVigo, mentres a inmigrante Gladys é detida nunha redada nun prostíbulo, mentres a camareira Laura vai cansa e desanimada no bus. A mensaxe positiva de que hai luz ao final do túnel transmítese cunha perspectiva
implicada na igualdade de xénero, na loita contra a inxustiza. Cada libélula, cada personaxe feminina, volver ser á súa vez un símbolo.Cando a historia remate terán botado lastre, deixarán de ser o que foron. A historia de superación de cada unha delas irá entretecendo unha novela coral, con María Xosé como punto de conexión, a muller quen de axudar sen pedir nada a cambio. Ela dará pulo a unha fundación de apoio ás mulleres máis desfavorecidas. A escrita de rápidas pinceladas vai turrando da acción, poñendo a énfase en potenciar os sentimentos e o leitmotiv desta narración, que interiorizarán as mulleres ata florecer: non deixar que outros decidan por unha. Que ninguén che prive nunca da túa liberdade.

Laura Caveiro

Comentarios pechados