Menu Xerais

Crítica de Ramón Nicolás sobre «O misterio das badaladas», de Xabier P. DoCampo

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe, na sección de «Recomendacións» unha pequena recensión crítica de Ramón Nicolás sobre o libro O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo. Reproducímola a continuación:

O misterio galego por excelencia

Van xa vinte e cinco anos desde que Xabier P. DoCampo publicara este libro que agora ve a luz de novo, nunha edición revisada polo autor e acompañada nesta ocasión por unhas suxestivas e extraordinarias ilustracións de Xosé Cobas.
Foi este o primeiro libro de DoCampo e nel xa se atopaban as esencias de todo o que logo o autor nos veu ofrecendo ata hoxe. Un grande éxito da literatura infantil e xuvenil desde aquela que, a meu entender, cómpre ler, ou reler tanto polo acaído da súa intriga e da súa estrutura como polos acertos expresivos e, abofé, porque trata aos lectores como seres intelixentes, sexan estes mozous ou non, o que xa non é pouco.

Ramón Nicolás

Comentarios pechados