Menu Xerais

Crítica de Vicente Araguas sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publicaron unha recensión crítica de Vicente Araguas sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, baixo o título de «Como certa vida mesma». Reproducimos algúns parágrafos:

«Teño a completa sensación de estar diante dun “artefacto”. É dicir, dun conglomerado onde todo canxa, onde cada apartado ou xénero entra no outro de maneira que a imaxe que dá do seu autor sexa dunha exemplar coherencia».

«Novela coral, pois, dun sentimento retabular acentuado polo fragmentarismo que Manuel Rivas imprime ao seu desenvolvemento, de xeito que os anacos da historia van canxando os uns nos outros á maneira dun “puzzle” epicamente disposto (se non fose polos pespuntes líricos con que Rivas vai artellando o seu traxe».

«Un home que anda a deseñar na súa literatura a Galicia de hoxe. Desta volta a da economía mergullada na loucura dun tempo que quixo poñerlle cancelas ao mar, sen decatarse de que del, tamén desas planadoras como anxos do mal, ían saír os antollos dos homes como Mariscal. Todo un carácter debguxado poor Manuel Rivas con trazo sutilísimo».

A recensión completa pode lerse aquí.

Comentarios pechados