Menu Xerais

Crítica sobre «A princesa Sabela», de Cornelia Funke, no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis incluíu o sábado unha crítica sobre A princesa Sabela, de Cornelia Funke. Reproducímola a continuación:

Tan pronto como vin na libraría un álbum ilustrado publicado por Xerais, xa o collín. Neste caso é unha tradución dun libro que xa ten uns aniños (é do 97), a súa autora é Cornelia Funke e as ilustracións son de Kerstin Meyer. A princesa Sabela é un conto divertido que fala do aburrido que é ser unha princesa que nada ten que facer e loa pola contra o traballo e o feito de ser cadaquén independente. Claro que o comentario aquí pode variar: cando o lemos na aula o alumnado, que ten que traballar arreo ao saír do instituto, exclamou: “iso porque non ten que traballar! Se o tivese que facer todos os días non lle había gustar tanto”. Así que xa vedes, o mundo é moi diferente segundo o cristal con que o miremos. Porque vendo o que vemos cada día na nosa sociedade, semella que ao que se aspira é, precisame

Comentarios pechados