Menu Xerais

Daniel Salgado gaña o Premio López Abente de Poesía con «Os tempos sombrizos (Diario)», que publicará Xerais

O escritor Daniel Salgado resultou vencedor onte do Premio López Abente de Poesía con Os tempos sombrizos (Diario), un poemario que publicará Xerais. Segundo salienta o xurado na acta da concesión do premio, o poemario leva a cabo unha «construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social. Tamén presenta unha rica intertextualidade coa poesía e a música contemporáneas (o jazz nomeadamente) e con poemas de forte contido metaliterario». O xurado estivo composto por composto por Marilar Aleixandre, Miro Villar, X. H. Rivadulla Corcón e Vicki Rivadulla como secretaria.

Daniel Salgado xa publicou en Xerais os libros Éxodo (2006) e ruído de fondo (2012). Diversos medios como Sermos Galiza, La Voz de Galicia e a Axenda da AELG ou o blog de Miro Villar fanse eco da noticia.

 

 

Comentarios pechados