Menu Xerais

Dar a volta ao mundo grazas á cociña: «A viaxe culinaria de Kukinhas», de Elisa Kukinhas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A viaxe culinaria de Kukinhas, de Elisa Kukinhas, con ilustracións de Marcos Calo, publicado por Xerais na colección Gastronomía.

 

A viaxe culinaria de Kukinhas, de Elisa Kukinhas

 

Dar a volta ao mundo grazas á cociña é agora moi posible e doado grazas á proposta que nos fai a editorial Xerais: “A volta ao mundo en 50 receitas” con  A viaxe culinaria de Kukinhas de Elisa Kukinhas. Un gran valor, teño para min, é que é un libro en galego con receitas non galegas, algo que quizais sexa a primeira vez que sucede. Por suposto, de todo hai no libro, tanto receitas doces coo salgadas, sinxelas de facer e rápidas de cociñar (eu odio a cociña así que tentarei facer algunha tendo esta base inicial); ademais, puiden observar que os ingredientes son “normais”, e non deses que nunca sabemos nin do que falan…

Como imos dar a volta ao mundo, o libro está dividido en 5 apartados e continentes: América, Europa, África, Asia e Oceanía. Cada continente ten 10 receitas de países diferentes. Ao inicio de cada apartado, hai un pequeno índice co nome da receita e o país. Por se isto non fose suficientemente aclarador, ao final do libro hai outro índice coas receitas.

Ademais, ao final do libro, hai outro índice con tódalas receitas xuntas.

Como bo libro de receitas, hai fotos esclarecedoras, que para min son esenciais. Se non me explican todo paso a paso -e aquí sucede- non sei facer algo novo.

Comentarios pechados