Menu Xerais

David Rodríguez inaugura os encontros cos escolares do Faro da Escola co libro: «Superavoa». Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Selina Otero sobre o comezo dos encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola, que desta volta inaugurou o escritor David Rodríguez para presentar o seu libro: Superavoa.

Nesta nova edición do programa Faro da Escola participan case 60 centros educativos.  Os escritores son Ledicia Costas (A Señorita Bubble. Baixo cero); Xosé Henrique Rivadulla Corcón (Cando soa a buguina); Teresa González Costa (A nena, o monstro e o mar); Rosa Aneiros (Orestes perde o sentido!); Antía Yáñez (Plan de rescate); David Rodríguez (Superavoa); Anémona de Río (A proba de auga) e Eduardo Santiago (O mundo máxico de Lía).

 

O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

 

 

 

 

 

Comentarios pechados