Menu Xerais

Descricións e diálogos que marcan a forza do novelista: «Como en Alxeria», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena. O crítico loa na súa recensión «a habelencia de Xosé Ramón Pena, á hora de mesturar descricións e diálogos, trufados estes de reflexións e citas literarias e musicais que non só non ralentizan a narración senón que empurran dela cara aos seus obxetivos. Polo demais tan en suspenso á hora do remate como ese desenlace tan aberto, e non podería ser de outra maneira. Mais atrás, de momento, queda nesas páxinas espléndidas, epicamente espléndidas, nas que Pena describe cinematograficamente a carga da Garda Civill, nun dos que ían ser axiña encoros. Falo das páxinas 185 e 186, nas que é doado atopar a forza do novelista Pena, cronista dos anos escuros, desde a forza que dá a convición nas propias forzas».

 

 

 

Ler a recensión crítica completa en pdf.

Deixa un comentario!