Menu Xerais

Desde o xornalismo á ficción: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Texto de Marta Rodríguez

Reproducimos o texto que Marta Rodríguez leu na presentación de obre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad na libraría Couceiro de Santiago o pasado 3 de abril, así como este enlace a un podcast do programa O Clube das Nove, de Onda
Cero Ourense, que presentaban as propias Marta Rodríguez e Elena Gallego.

 

Sete Caveiras, de  Elena Gallego

O primeiro agradecer a Elena Gallego por terme convidado a ser eu quen lles conte unas pequenas aportacións persoais sobre Sete Caveiras. Parabenizar a xerais na persoa de Manuel Bragado por seguir confiando nas nosas escritoras e escritores en lingua galega cos tempos que corren. Un recoñecemento que fago tamén a autora empeñada en escribir nesta nosa lingua fermosa, sen dúbida para o relato, e que parecera que algúns queren converter nunha reliquia fechada nun museo. Con Elena e con todos os autores e autoras teimudos e resoltos seguimos vivindo na escrita. Empeño que, as veces, está recuberto de valentía. Valentía e compromiso necesario para seguir existindo. Para sermos nós, e o noso xeito de contar as cousas, as existentes e as imaxinarias. Primeiro quixera falarlles un chisco da autora de Elena Gallego. Unha xornalista coa que comparto a paixón pola radio que é un medio magnifico para contar historias. A paixón polo xornalismo. Unha compañeira de batallas nos inicios en  Ourense coa que compartin moitas tardes no mesmo programa. O Clube das 9 chámamos a aquel programa que realizamos hai moitos anos en Onda Cero Ourense , a duas voces e dous corazóns a un mesmo ritmo, e no que Elena puxo en evidencia o seu gran maxín. Elena é unha autora con unha gran inventiva que ten domesticada. Quero dicir, que a imaxinación é suficiente para deseñar un mundo pero non para contalo e moito menos para ter o poder de trasmitilo na escrita . Non todas somos capaces de trasladar o imaxinado as páxinas dun libro e convertelo en realidade. No Clube das 9 e saído do maxin de Elena habitaba xa un alter-xornalístico. O Trasno, chámabase. El analizaba en antena aquelo que estas dúas xornalistas pois non podíamos decir ou non queríamos decir cando menos , desa forma insubordinada, rebelde e as veces irreverente e impertinente. Un alter creado por Elena do que nos namoramos todas, incluida daquelas a audiencia e que non contaba con tanto cariño entre a clase política daquel  Ourense dos 90. Unha xornalista, cun alter. Cando lean Sete Caveiras percibirán a importancia que ten neste libro ese “outro eu” cos que Elena conseguiu enfiar esta novela.

Sete caveiras.- Sete alter. Sete persoeiros. Sete clicks de Famobil e sobre todos eles, baixo a miña humilde opinión, o alter ego da xornalista de Elena e o triunfo da escritora sobre a escribidora. Nas obras, sempre hai moito do autor. É inevitable. Saen de un, do individuo do inventor de historias e cosedor de palabras. Mais en Sete Caveiras a presenza da Elena Xornalista que quere contar, que quere informar, relegada aos suplementos publicitarios domesticando e durmindo a curiosidade á mantenta para preservar os principios dí moito desta nosa Elena Gallego que aposta por escribir ficción. Atopamos nas páxinas de Sete Caveiras este párrafo que pode explicar mellor o que quero decir: Mais aquel encontro co pasado tamén lle provocou unha certa sensación de déjá vu, como se moitas daquelas crónicas que nos anos 80 se publicaran en branco e negro non fosen máis ca versión antigas da máis rabiosa actualidade deste convulso século XXI: A crise económica e o paro, os problemas de  financiamento do sector naval, os movementos políticos do momento e as andanzas da familia real ocupaban algunas das páxinas que consultou ao longo daquela tarde. Os mesmos burros con novas albardas.

Ten un toque desesperanzador. Sen desvelarlle moito, sí quero aportar un recendo que percibín nesta novela. É o fracaso do xornalismo, non dos profesionais da información, do xornalismo como ferramenta de salvagarda da cidadanía. É a victoria do crime. Un cirme perfecto. Bon, ben mirado por acaso isto sexa o menos irreal desta novela. O máis apegado o que está pasando na nosa sociedade onde o xornalismo transcribe notas oficiais e declaracións ao tempo que na realidade se cometen crimes sociais. A xornalista que son non pode evitar verse retratada nalgún que outro parágrafo, porque todas, todos nos nosos traballos tivemos un Xefe Curuxeiras e a lectora que hai en mín recomenda un relato divertido e axil coas dosis de intriga necesarias. Prego poñan atención nesos pequenos alter de sete centímetros de altura que alimentarán a súa curiosidade.

Quixera rematar esta pequena intervencións referindome as reglas que pretende respetar Marta Vilas, a xornalista que elexiu Elena para nos contar esta historia. Seis serventes ao meu mando Ensináronme o que sei. Os seus nomes son Por que, cando, onde, como, quen, que De momento sabemos quen: Elena Gallego. E a ela doulle a palabra para que nos fale, se quere, do por que, cando, onde, como e que é Sete Caveiras. Agradecida Elena. Obrigada.

Santiago de Compostela. Abril de 2014

Marta Rodríguez

 

Comentarios pechados