Menu Xerais

Gañadoras dos Xerais 2015

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.

Na XXXIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Héctor Cajaraville coa novela De remate, na VIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Andrea Maceiras con Europa Express e na XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil Érica Esmorís con Nena e o mar. No acto de entrega, conducido por Celia Torres, actuou como mantedor literario o escritor Miguel Vázquez Freire, ocupándose do apartado musical Cé orquestra pantasma.

Aquí pode baixarse en pdf o texto do ditame dos xurados.

Enlace coa gravación completa do acto.

Enlace coa etiqueta de twitter: #premiosxerais15.

Enlace coas noticias publicadas no blog de Xerais sobre o Premio Xerais 2015.

 

 

Comentarios pechados