Menu Xerais

Feira do Libro da Coruña 2017

Do martes, 1 ao xoves, 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ofrecerá o seguinte programa:

 

1 de agosto, martes

19:00 h.: Presentación de Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro de Xosé Mª Lema con Manuel Bragado.

20:30 h.: Presentación O xogo de Babel de Elena Gallego Abad con Mercedes Quiexas.

20:30 h.: Sinatura de Anxo Fariña na Caseta da librería Lume.

21:15 h.: Charla arredor de Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo de Xurxo Mariño.

 

2 de agosto, mércores

 19:45 h.: Presentación de Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón con Manuel Bragado.

20:00 h.: Sinatura de Ledicia Costas na caseta da Librería Lume.

20:30 h.: Presentación Os fillos do lume de Pedro Feijoo con Manuel Bragado.

 

3 de agosto, xoves

19:00 h.: “Momento Coruñento” con motivo da 4ª edición de Contos da Coruña de Xurxo Souto.

20:30 h.: Dez anos de Os libros arden mal de Manuel Rivas “A mellor novela da década” con Manuel Bragado.

21:15 h.: Presentación de Demos de verán de Miguel Vázquez Freire con Tino Santiago.

 

9 de agosto, mércores

20:00 h.: Sinatura de Nacho Taibo na caseta da librería Lume.

 

Comentarios pechados