Menu Xerais

Gañadores dos Xerais 2016

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 4 de xuño, anunciouse o ditame da XXXIIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.

Na XXXIIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos, na VIIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil iria Misa con Xa non estou aquí e na XXXIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo. No acto de entrega, conducido por Celia Torres, actuou como mantedora literaria a escritora Ledicia Costas, ocupándose do apartado musical Lydia Botana.

Aquí pode baixarse en pdf o texto do ditame dos xurados e declaracións dos gañadores.

Enlace coa gravación completa do acto.

Enlace coa etiqueta de twitter: #PremiosXerais2016.

Enlace coas noticias publicadas no blog de Xerais sobre o Premio Xerais 2016.

Enlace coa páxina que recompila o publicado sobre os Premios Xerais 2016 nos medios e na rede.

Enlace coa Galería fotográfica dos Premios Xerais 2016.

Comentarios pechados