Menu Xerais

Novidades Xerais abril 2018

Na colección Narrativa son novidade este mes de abril as novelas A crueldade de abril de Diego Ameixeiras e Un home estraño de Antonio Tizón,  VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”. Na colección Poesía aparece o poemario Corpo de Antón Lopo, Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2018 e a Colección LibroX acolle unha interesante conversa sobre caricatura titulada Falemos de caricatura de Siro e Félix Caballero.

Para o público infantil aparece, na colección Sopa de Libros, o libro de poemas Street Poems de Fran Alonso e na colección Merlín A biblioteca de Pedrarcana de Carlos Taboada, Choiva de ras de Ánxela Loureiro e A noite das bicicletas de Teresa González Costa.

 

 

Comentarios pechados