Menu Xerais

Novidades Xerais maio 2018

Unha presada de novos títulos que chegan neste maio de 2018 para enriquecer o catálogo de Xerais.

Na colección Narrativa, Héctor Cajaraville novela a vida de Frei Rosendo Salvado en Nova Nursia e Pilar Ortega debuta en Xerais  con Principio da incerteza, novela gañadora do Premio Ánxel Fole, 2017.

A colección Crónica-memoria acolle Historias de Vigo de Jorge Lamas, un libro para coñecermos Vigo un pouco mellor e, ao mesmo tempo, pasalo ben e en Crónica-xornalismo aparece Contra todo isto. Un manifesto rebelde de Manuel Rivas, un libro que está escrito contra o tempo de retroceso no que vivimos.

En LibroX, a escritora e xornalista Marga Tojo presenta Maternidade fóra de catálogo, un ensaio próximo ao xornalismo narrativo onde aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal.

Na colección Básicos Ciencia, o doutor en Química e catedrático en Física e Química Ramón Villalta achéganos ás teorías da relatividade de Einstein a través do manual Introdución as relatividades de Einstein.

E para as persoas de menos idade Xerais presenta dous novos títulos:

Na colección Sopa de Libros aparece Sara ten un segredo de Ramón Caride con ilustracións de María Lires e na colección Pequeno Merlín, O ladrón de soños de Sabela Fernández Trelles con ilustracións de Alicia Suárez.

 

 

Comentarios pechados