Menu Xerais

Novidades Xerais marzo 2018

Na colección Poesía aparecen Galicia en bus de María Reimóndez, XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu e Soños. Arquivos. Cartas de María do Cebreiro.

Na colección Ensaio David Rodríguez publica O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega.

Na Colección Fóra de xogo aparece a novela Segredos no Solpor de Iria Misa e a peza teatral A soidade do asasino de Carlos G. Reigosa

En Crónica Isabel Soto e Xavier Senín publican unha biografía da autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018 titulada María Victoria Moreno. Sementadora de futuro  e como edición singular, a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, o escritor Pedro Feijoo publica Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro que propón saír a camiñar o Vigo vello e coñecelo de primeira man.

Comentarios pechados