Menu Xerais

Novidades Xerais xuño 2018

Seis novos títulos pasan a formar parte do catálogo de Xerais neste mes de xuño de 2018.

A colección Narrativa acolle a segunda novela de dous autores que xa coincidiran no 2016 no seu debut como novelistas, nesta ocasión Manuel Gago ofrece O exército de fume e Ramón Nicolás,  Lapis na noite.

Na colección Milmanda Literaria aparece a quinta novela de Pedro Feijoo titulada Sen piedade.

En Fóra de Xogo publícase  Fóra do normal de María Reimóndez, novela gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de LIX pola Igualdade, 2017 e O que sei do silencio de Andrea Maceiras, obra Finalista do Premio Raíña Lupa, 2017.

E para os máis cativos, na colección Merlín Cómics, Xosé Tomás presenta a primeira entrega da serie Animalia que leva por título Verde.

 

Comentarios pechados