Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do sábado, 1 de agosto ao luns, 10 de agosto, terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos:

Día 2 de agosto, domingo

19:30 h.: Sinatura de Elena Gallego autora da serie Dragal e Sete Caveiras.

19:45 h.:  Presentación de Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico  de Manuel Blanco Desar coa participación de Xusto Beramendi.

20:00 h.: Presentación do libro-disco Sira e o robot. Adventures on Titan de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira. Ilustrado por Iván Sende. Actividade musical na carpa infantil.

 20:30 h.:  Presentación de Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández  Leiceaga coa participación Lourenzo Fernández Prieto.

21:15 h.:  Presentación de Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo (Premio Blanco Amor 2014) conversa con Manuel Bragado.

 

Día 3 de agosto,  luns

19:30 h.: Sinatura de Antonio Tizón autor de A antesala luminosa.

19:45 h.:  Presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías de Antonio Reigosa coa participación de Xabier P. DoCampo.

20:30 h.:  Presentación d’ Un animal chamado néboa de Ledicia Costas coa participación de Prudencio Viveiro.

 21:15 h.:  Presentación de Xosé Filgueira Valverde de Xesús Alonso Montero coa participación de Manuel Bragado.

 

Día 4 de agosto,  martes

 19:30 h.: Sinatura de Mercedes Leobalde autora de Funambulistas.

19:45 h.:  Presentación d’ A galera de Xelmírez de Xabier Paz coa participación de Begoña Varela.

20:45 h.:  Presentación-recital  do novo libro de poemas A boca da terra de Manuel Rivas.

Comentarios pechados