Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do luns, 1 de agosto, ao mércores, 10 de agosto, terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos:

 

Día 1 de agosto, luns

12:00 h.: Pregón a cargo de Pinto & Chinto.

19:00 h.: Presentación de Galería de saldos de Diego Giráldez con Kiko Novoa e Manuel Bragado.

19:45 h.: Presentación de Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista de Xavier Seoane con Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado.

20:30 h.: Presentación de As horas roubadas de María Solar con Luís Pousa e Manuel Bragado.

21:15 h.: Presentación de O volframio en Varilongo de Carmen Blanco Ramos con Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.

 

Día 2 de agosto, martes

19:30 h.: El Hematocrítico e Alberto Vázquez asinarán exemplares de Feliz Feroz. O lobiño riquiño e Axente Riciños na Caseta de Berbiriana.

19:30 h.: David Ortiz asinará exemplares do seu libro O libro dos cócteles na Caseta de Secretaría.

20:30 h.: Presentación d´A dúbida de María Reimóndez con Eli Ríos e Manuel Bragado.

21:15 h.: Presentación d´O Beato de Alfredo Conde con Manuel Bragado.

 

Día 3 de agosto, mércores

19:00 h.: Presentación de O amor nos escuros días de Birkenau de Alberto Canal con Manuel Bragado.

19:30 h.: Sinatura de Ledicia Costas na Caseta de Secretaría.

19:45 h.: Presentación de Cámbiache o conto! de Pinto & Chinto con Manuel Bragado.

21:15 h.: Presentación d´ O espello do mundo de Ramón Nicolás con María Canosa, Mercedes Queixas e Manuel Bragado.

Comentarios pechados