Menu Xerais

«Dicionario de Fraseoloxía Galega», crítica no «Cartafol»

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol unha a crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos algúns parágrafos significativos do texto:

Xa que logo, libro utilísimo e do que se poden lucrar non só tradutores e autores, senón tamén o profesorado de lingua, para elaborar exercicios de seu sobre ese sector tan profundamente castelanizado como é o da fraseoloxía. Estes colectivos debían ler o dicionario de xeito obrigado desde o comezo ao remate. […] Dicionario ben feito, contra o que é costume no panorama filolóxico galego, e imprescindible para o profesional da lingua, desde o xornalista, aos actores de dobraxe, pasando por tradutores e profesores.

Comentarios pechados