Menu Xerais

Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo: dous autores de novela negra na Feira de Ourense

Os xornal Tempo de Lecer Ourense publica unha reportaxe de Mónica Vázquez sobre os escritores Diego AmeixeirasPedro Feijoo presentaron a súas novelas na Feira do Libro de Ourense: Todo OK e Os fillos do mar.

 

Os escritores Diego Ameixeiras e Pedro Feijóo presentaron as súas obras na Feira do Libro

A «etiqueta» de novela negra é para…

A Feira continúa a súa actividade ata o domingo, día 9 de xuño, con máis actos e presentacións

XXIX edición da Feira do libro de Ourense continúa a súa andadura con novas presentacións. Este xoves foi a quenda de Diego Ameixeiras, coa súa obra Todo O.K. e Pedro Feijó con Os fillos do mar. Dous autores, dous libros, dúas tramas, pero cun denominador común: o desexo de que o lector sente de comenzar a desentrañar as historias que esconden as páxinas das súas obras, sobre todo unha vez que se asiste á presentación das mesmas.

Na Ágora da Feira do libro os autores presentáronse mutuamente sen escatimar en loubanzas, dando mostras de que os une certa amizade ademais dun xénero literario, a novela negra, “un xénero que, comunmente se acepta, foi iniciado por Carlos Reigoso  con Crimen en Compostela, e do que agora se pode decir que goza de boa saúde en Galicia”, segundo explicou Diego Ameixeiras.

Loubanzas mutuas

Pedro Feijóo comenzou asegurando “a sorte que tiña de ter que falar de algén cando non tes nada que ocultar, cando todo o que vas a decir é o que realmente che sae de dentro”. No que atinxe aos seus libros,  “para min Diego foi un gran descubrimento. Teño que destacar o xeito en que me fai ver o que escribe, podo pechar os ollos e deixarme levar ata o que conta. Podóo crer e entretenme, e iso é o principal nun autor”.

Á hora de que Diego Ameixeiras falase de Pedro, destacou que o caso do autor “é peculiar, xa que coa súa primeira novela conseguiu algo moi difícil, que todos estean falando del. Pódese decir que naceu aprendido, dentro de que sempre se pode aprender e a todos nos queda moito por aprender”. Os fillos do mar saiu ás librerias o ano pasado, e, dende fai un mes, está tamén dispoñible en castelán.

Dúas historias con fondo galego

 Os fillos do mar é unha novela cercana, de lugares e feitos de aquí, “o Buraco do Inferno non é o da Illa do Tesouro, é o da Illa de Ons, e a Batalla non é a francesa é a de Rande. É  unha historia con cousas de aquí que se pode contar fóra, vender e traducir. Pero para iso hai que facer bandeira do noso, querelo e crelo”.

 Todo Ok está protagonizada por narcos que perden o seu cargamento. Un feito basado nun acontecemento real, cando no ano 2006 saíu nos medios como aparecera un submarino feito polos narcos para facer descargas. O trebello falloulles e  a partires de ahí houbo un xuicio, historias de confidentes… “Eses son os datos de realidade dos que parte a miña historia de ficción”, afirma Ameixeiras.

E tras esta presentación entre os dous autores deu comenzo unha especie de “diálogo” na que analizaron a necesidade de “crear marca, de ir facendo grupo entre os autores do xénero en Galicia porque a cousa ahí fóra está mal, tanto no senso de que non se nos recoñece o oficio como no sistema actual, no que é mellor non profundizar. Hoxe viñemos a falar de libros, para a semana falaremos de política”.

“Douche dous meses”

A ocasión tamén foi aproveitada para falar de novos proxectos. No caso de Pedro, ao que Diego Ameixeiras lle deu “dous meses de vantaxe”, ten pensado sacar un novo traballo a principios de outubro que xa está presentado. “Pero si me preguntaran do seguinte que me gustaría escribir, diría que boto en falta o sentido do humor e nese senso iría o meu libro. Penso que agora mesmo é o mellor momento para elo, para botarlle un riso á vida e tirar para adiante, que somos do país da retranca! como ninguén escribiu sobre iso?”

Diego Ameixeiras ten previsto sacar novela a finais de novembro, que versará sobre “unha realidade dura á partir da que fago ficción, e da que aínda teño pendentes certos retoques”.

Mónica Vázquez

Comentarios pechados