Menu Xerais

Dionisio Pereira sobre «Loita de Clases e Represión Franquista no Mar»: «A patronal sempre tivo quen lle escribira»

A páxina Galicia Confidencial recolle unha extensa crónica sobre a presentación de Loita de Clases e Represión Franquista no Mar, de Dionisio Pereira, e inclúe un vídeo do acto:

Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, o libro editado por Xerais mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo.

Pereira é un autor de recoñecido prestixio pero que nunca agocha que escribe dende unha perspectiva de clase. “A patronal sempre tivo que lle escribira, antes algunhas plumas da entidade de Valentín Paz Andrade e de Francisco Fernández del Riego, nada sospeitosas de simpatías co franquismo, pero que escribiron para a patronal e dalgunha maneira espallaron a súa memoria, e hoxe algúns ad compañeiros meus, como Chus Fidalgo ou Xan Carmona que tamén seguir a escribir para a patronal, algo totalmente lícito, pero eu tento situarme nun plano totalmente diferente”, argumentou o autor no acto da Comisión pola Recuperaicón da Memoria Histórica que recolleron as cámaras de Tingalaranga Audiovisual esta semana.

O historiador insiste en que “até agora a única versión que coñecemos é a versión da patronal pesqueira” polo que entende necesario que se relate a versión da clase traballadora.

Ao evento acudiron destacados persoeiros da cultura galega como Manuel Rivas ou Suso Souto. O músico lembrou as palabras duns das testemuñas citadas no libro: “ma Beiramar reinaba a República”.

Até que punto houbo oposición na Galicia costeira ao levantamento fascista? “A represión non ficou sen resposta mesmo nos peores intres do período bélico, no que calquera sinal de resistencia, sobre todo de resistencia organizada, pagábase coa vida”, asegura Pereira.

De acordo aos datos compilados para este volume, houbo fugas por mar no 40 por cento dos portos galegos con máis de 80 persoas que fuxiron ou intentaron fuxir nese tempo.

Comentarios pechados