Menu Xerais

Divertido, imaxinativo e musical: «Cousas de papá», libro-disco de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro-CD de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio.

 

Cousas de papá

Raúl Gómez Pato é o artífice deste libro de poemas musicado por Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio que publica a editorial Xerais: Cousas de papá é divertido, imaxinativo e musical, xa que posúe rima cheas de suxestións e espírito lúdico. Tanto, que dos 17 poemas que contén o libro, 10 poderémolos cantar grazas ao disco que incorpora este libro, unha aportación gozosa para a poesía infantil que conta novamente na nosa lingua con poemas tenros e expresivos que resultan deliciosamente un bo xeito de comezar as aulas de infantil.
Teño claro que se debería comezar a xornada escolar escoitando un poema.

Comentarios pechados