Menu Xerais

Dolores Vilavedra: «Ameixeiras segue a madurar como narrador»

Diego Ameixeiras amosa en Dime algo sucio que segue a madurar como narrador, versátil sen deixar de ser el mesmo. Cunha trama menos efectista do que viña adoitando, aínda que sen renunciar á intriga, Ameixeiras achégase ás dificultades do amor adolescente, á soidade do desamor, á particular forma de non-ser que implica a marxinalidade, ás distintas formas de exercer e padecer a violencia… no marco dunha cidade embelecida pola súa prosa e pola súa capacidade para crear imaxes contundentes. Todo isto, en cen capítulos de non máis de tres páxinas, nin de menos de dúas, que marcan o ritmo dunha lectura á que non se permite a voracidade da precipitación. Voces como a de Ameixeiras confirman que a renovación xeracional da nosa narrativa está asegurada. Dolores Vilavedra

Comentario extraído do traballo titulado «Receitas varias para tempos de crise», publicado no suplemento «Luces» de El País Galicia (18-12-2009)

Comentarios pechados