Menu Xerais

«Drácula», de Bram Stoker: un mito que continúa vivo

A colección Xabarín de Xerais acolle un dos títulos máis coñecidos da historia da literatura e, desde logo, un dos máis versionados e queridos polos profesionais do cine: Drácula, de Bram Stoker, en tradución de Xela Arias. Hoxe cúmprense, tal e como informa La Voz de Galicia, 165 do nacemento de Bram Stoker, que viu a luz un 8 de novembro no Dublín de 1847. A súa figura é coñecida por ser autor de fascinantes obras de terror. Sen dúbida, a máis célebre de todas elas é Drácula, que conta a historia dun lendario vampiro que está inspirado na personalidade histórica de Vlad Ţepeş, coñecido por Vlad Dacul, o Empalador.  A figura de Drácula, creada a partir da novela do mesmo título, converteuse nun dos mitos literarios con máis éxito e repercursión no imaxinario colectivo e continúa estando moi presente na cultura occidental de hoxe.

Comentarios pechados