Menu Xerais

«¿E ti, que farías por min?» e «O elefante que non era elefante» léronse onte no Contomar

Onte luns léronse no Contomar (o contacontos que organiza Espazo Lectura todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar) dous álbums da colección Merliño de Xerais: O elefante que non era elefante, de Marta Rivera Ferrer, que narra a historia dun elefante que malia ter grandes orellas, unha bonita cola e unha longa trompa négase a aceptar que é un elefante, e ¿E ti, que farías por min?, de Fina Casalderrey, a historia de amizade entre Malta e Marqués, dous cans en apuros que se alimentan dos restos de comida atopados nas rúas.

Comentarios pechados