Menu Xerais

Educación, igualdade e esperanza: «O lapis máxico de Malala», de Malala Yousafzai. Recensión en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai.

 

O lapis máxico de Malala

O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai, con ilustracións de Kerascoët , na nosa lingua grazas á editorial Xerais: cando un lapis máxico se converte nun de verdade paraescribir un mundo novo. Constitúe unha boa iniciativa este álbum para dar a coñecer a figura de Malala á rapazallada máis nova, esa que non sabe que lle aconteceu a unha nena por querer ir á escola, esa que fala das dificultades que nalgúns países existe para aprender (e pensar doutro xeito, por tanto) e a marabillosa sorte que aquí temos por poder ir á escola con normalidade, algo infravalorado por non cuestionarse sequera. Así que o lectorado máis novoa ten NA NOSA LINGUA a historia dunha Premio Nobel da Paz que vén de se converter unha icona internacional pola súa defensa da educación. Asemade, Malala é portadora de esperanza. Unha nena en Pakistán que quere ter un lapis máxico para deter o tempo… que se converte nun lapis de verdade que escribe e desafía e que é quen de chegar a todo o mundo.

Deixa un comentario!