Menu Xerais

«Educación para a Cidadanía 2º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Educación para a Cidadanía 2º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.

Esta proposta, con 120 páxinas, presenta 4 bloques de contidos que desenvolven o currículo establecido pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia (2007). Cada bloque está dividido, á súa vez, en diferentes partes, que se corresponden co concepto de unidade didáctica. En total, o libro consta de 16 unidades (5 unidades por trimestre).

O libro presenta a seguinte estrutura:

SUMARIO: cada bloque ábrese cun sumario onde se detallan as unidades que se van desenvolver.

QUE SABES DE…?: neste apartado, que abre cada unha das unidades, inclúense actividades de problematización destinadas a presentar os contidos mediante textos, vídeos, imaxes, formulación de hipóteses… Trabállase coa aprendizaxe previa do alumnado co fin de reflexionar e suscitar problemas.

PARA COMPRENDER: as cuestións formuladas en «Que sabes de…?» estrutúranse teoricamente neste apartado. Aquí desenvólvense os contidos conceptuais, apoiados e reforzados cos cadros denominados «Informámonos» (con actividades, textos de lectura ou visionado de imaxes) e «Reflexionamos» (con actividades de reflexión e comprensión).


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
e PARA SABER MÁIS: apartados que pechan cada bloque, onde se ofrecen materiais complementarios e actividades de ampliación.

DVD PARA O PROFESORADO
O libro vai acompañado dun DVD para o profesorado onde se incorpora o material audiovisual (fundamentalmente cortes de filmes) ao que se fai referencia no manual.

Premendo na imaxe que vén deseguido pódese ver o índice de contidos do libro.

Comentarios pechados