Menu Xerais

Elena Gallego Abad: «Convivir tres anos cun dragón non resulta doado». Entrevista de Manuel Jabois

O xornalista Manuel Jabois publicou unha entrevista no Diario de Pontevedra con Elena Gallego Abad sobre Dragal III. A fraternidade do dragón.

 

«Convivir tres anos cun dragón non resulta doado»

—Vén de publicar con Xerais Dragal III. Canto madurou a triloxía?

—Agardo que o suficiente para sorprender e conquistar aos lectores que xa se atreveron a mergullarse nas páxinas de Dragal I e baixar ás catacumbas de Dragal II. Coido que a Fraternidade do Dragón é un libro máis trepidante, máis completo. Dará resposta a moitas das cuestións que os seus personaxes deixaron pendentes de resolver… Pero tamén haberá sorpresas!

—A disciplina de libro por ano non parece fácil.

—Convivir tres anos cun dragón non resulta nada doado, aínda que se trate dun ser fantástico como Dragal. Crear o seu universo levoume un traballo de documentación ao que dediquei máis horas que ao propio proceso de escribir. O maior reto partiu da miña premisa de situar a historia na Galicia actual e conectala coa nosa historia esquecida e as nosas tradicións. Se o mesmo Códice Calixtino recolle a existencia dun dragón no noso país, por que non imos aproveitalo para facer a nosa propia ficción?

—Verémola no futuro por un camiño parecido?

—A tradición galega podería encher novelas aínda por escribir e coido que a ficción pode axudarnos a recuperar elementos da nosa identidade, pero non pretendo continuar por esa senda.

Deixa un comentario!