Menu Xerais

En Lugo con Waldemar. A reivindicación dun mago aventureiro

Manuel Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas a presentación en Lugo de O misterioso Dr. Saa, libro que publicou Xerais, subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán.

 

En Lugo con Waldemar

Tras asistir aos actos da mañá en Vigo, viaxei con Pedro Feijoo a Lugo para participar no serán da Feira do Libro. Utilizamos de novo o sistema de dobre sesión, primeiro presentamos Os fillos do mar e logo O misterioso Doutor Saa, a biografía sobre o ilusionista e prestidixitador de Portotmarín Conde de Waldemar preparada por Xosé Díaz e Belén Fernández. O serán constituíu unha reivindicación do papel da memoria nun país esquecedeiro, con especial atención aos vínculos de Waldemar coa cidade de Lugo, o lugar de regreso despois de calquera dos longos periplos polo mundo do mago. Xosé Díaz , despois de contar a anécdota deliciosa da galiña dos voso de ouro, protagonizado polo doutor Saa e rescatada por Trapero Pardo, reclamou un lugar para el no rueiro da cidade. Belén Fernández abordou a figura de Waldemar como emigrante e aventureiro, adiantando a hipótese da súa probable influencia no fenómeno literario latinoamericano do realismo máxico. Un magnífico serán das letras.

Comentarios pechados