Menu Xerais

Entrega en Vilalba do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez, que terá lugar o sábado, día 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.
O acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Xabier P. DoCampo, escritor; Marica Campo, escritora; Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, e Agustín Baamonde, alcalde de Vilalba.
A continuación terá lugar un pequeno pero variado espectáculo onde non faltarán: a música, a poesía, a imaxe, a narrativa e a plástica.
 

Comentarios pechados