Menu Xerais

Entrevista a Manuel Rivas: «Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva»

O xornalista Manuel Jabois publica unha longa entrevista con Manuel Rivas na Revista do Diario de Pontevedra con motivo da publicación da novela Todo é silencio.

«Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva», declara Rivas, «normalmente tendemos a contar a historia dende unha identidade positiva, pero tamén é importante ver o lado escuro. Falar desta historia, que foi gravísima e é grave, nos permite facer un escáner da sociedade e de como foi quen de crear anticorpos para un modelo oculto, como a mafia, que intenta ocupala».

Con respecto ao futuro, o autor de Todo é silencio engade: «Non estamos libres de que a situación afrouxe de novo. Agora mesmo no conxunto de España a corrupción aparece case no último lugar de preocupación nas estatísticas. O Gürtel está na 11 ou 12 posición. Os inmigrantes de segundos ou terceiros. Á xente preocúpanlle moito máis os inmigrantes que coidan dos vellos e limpan a merda e recollen a froita que unha mafia que pode saír ceibe mañá».

Con respecto á cultura galega, Manuel Rivas asegura que «é unha cultura e unha lingua que saíu adiante contra corrente. Como a vida do noso país, ten forma de dorna que capea o temporal. Tamén os libros son dornas. O problema é cando o temporal non é natural senón provocado, e os ventos e as mareas non se producen sós».

Aquí pode lerse a entrevista completa en pdf.

Comentarios pechados