Menu Xerais

Entrevista a Xesús Manuel Marcos

A edición impresa d’ A Nosa Terra publica unha entrevista con Xesús Manuel Marcos, o autor d’ A lúa dos Everglades, Premio Terra de Melide 2007. Na entrevista o autor do Caurel fala dos seus próximos proxectos:

“Estou traballando nunha tetraloxía, da cal só podo dicir os temas, porque cando adianto cousas así parece que se gafan. Xa teño unha novela rematada sobre o tema da guerra, non da Guerra Civil española porque penso que en Galiza está xa bastante tocado, malia que non teñamos aínda unha obra de referencia que esgote o tema. As outras tres novelas tratarán a fame, a morte e a enfermidade. A primeira está case documentada, a falta dalgunha información que teño que consultar en Santiago e a da enfermidade xa está bastante avanzada. As catro novelas transcorren en distintas épocas e distintos lugares.”

Comentarios pechados