Menu Xerais

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde a Domingo Tabuyo, autor de «Svea Kött (carne sueca)»

Manuel Vidal Villaverde publica no xornal Galicia Hoxe unha entrevista con Domingo Tabuyo, autor da novela Svea Kött (carne sueca). Reproducimos o parágrafo referido a esa novela:

A túa nova novela Svea Kött, é para ti a máis lograda polo de agora?
Svea Kött é a miña última novela e, polo tanto, a que incorpora máis e mellores elementos narrativos, recursos e tramas que fan dela unha novela que vai gustando e que recolle moi boas valoracións por arte de xente moi diversa. Estou moi satisfeito de como vai indo, e tanto na presentación en Santiago por parte de Francisco Caamaño, como na de Méndez Ferrín en Cambados, as diseccións que fixeron da obra e a valoración obtida foi altamente positiva. En calquera caso, un o que pretende é mellorar cada día e en cada obra e iso é o que pretendo e pretendín sempre, polo tanto sempre a seguinte será a mellor.

A entrevista pode lerse completa aquí.

Comentarios pechados