Menu Xerais

«Episodios galegos» de Manuel Rivas, presentación no serán do sábado en AchegArte

Episodios Galegos. Tempos de esperpento, o novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas será presentado no serán do vindeiro sábado (ás 19:30 horas) no seo das actividades de AchegArte (Feira da Industria Cultural da Coruña), organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. O acto, que se celebrará na sala Bitácora de Palexco, contará coa participación de Xosé Manuel Pereiro (decano do Colexio de Xornalistas), Manuel Bragado e o autor. Tras a presentación da obra, Manuel Rivas e César Morán realizarán un recital poético musical.

Comentarios pechados