Menu Xerais

«Epopea de ar clásico», Xabier Docampo recomenda «A Táboa da hospitalidade», a segunda entrega da serie «O Brindo de ouro» de Xesús Manuel Marcos

Recomendábel exemplo de literatura épica con Tolkien de fondo

O Brindo de ouro II. A Tába da Hospitalidade, Xesús Manuel Marcos

«Canta, oh deusa, a cólera do Pelida Aquiles, cólera funesta que causou infinitos males aos aqueos…». Con estas palabras dá comezo a épica narrativa, polo menos aquela que chegou a nós, e con ela a realización do desexo do ser humano de facer do relato instrumento de consolidación da me­moria do seu paso polo mundo. Así, cando os soños se fan realidade e as lembranzas son pegadas que os pobos deixan, na literatura os destinos dos pobos tórnanse historia. A Xesús Manuel Marcos, o escritor courelán afincado alimentariamente en Madrid, tíralle de xeito irremediábel a literatura épica (a compoñente fantástica non é máis ca un elemento colaborador –por máis que necesario– na elaboración do prato literario). Toda literatura nacional precisa do xénero épico, que é o que lle ha dar o imprescindíbel nivel histórico de nación. Na galega tamén podemos encontrar verdadeiras xoias, con frecuencia nacidas ao abeiro da materia de Bretaña, que andan por Ferrín ou Darío X. Cabana, sempre acompañadas e, tantas veces guiadas, pola mestría indiscutíbel de Cunqueiro. Moita da literatura épica gale ga (e non galega) atopará acomodo feliz na lectura dos mozos novos. A este respecto habería que lembrar o caso, cuxo rastro está tan presen te nesta obra da que estamos a facer recensión, de J. R. R. Tolkien, a quen descobre a xuventude lectora dos anos sesenta, nomeadamente aquela que se relacionaba co move mento hippy, e que deu con O señor dos aneis, nun caso paradigmático de conversión en obra do corpus da LIX pola vía da apropiación que dela fan os mozos, como fixeran moitos anos antes con Gulliver de Swift. A obra de X. M. Marcos é un moi recomendábel exemplo deste tipo de literatura. Presentada como a epopea dun pobo, os arxinas, xa desde o primeiro volume do que se anuncia como unha triloxía, que haberán de se nos presentar en con vivencia ou adversidade con outros pobos (alobris, mougas…) ou socie dades de individuos de toda caste, porque tamén habemos dar con seres zoo-antropomorfos (p. ex. os xarxas) que contribuirán á creación de situacións que os heroes haberán de superar. Porque no li bro aparecerán todos os ingredientes necesarios para a construción da epopea: heroes, raíñas valentes e fermosas, traidores, divindades, obxectos máxicos cobizados e per seguidos…Nada falta, os combates e loitas tampouco, que emparente esta obra coas estruturas clásicas do xénero. Por iso encontraremos tamén o elemento esencial para o carácter literario da obra, a incardinación nunha realidade próxima, na realidade dun pobo recoñecíbel e cheo de sentido épico da historia. No medio dos elementos fantásticos e dos tempos ignotos, brillan aqueles reais e históricos que nos falan aos lectores de nós mesmos. E iso é o que lle hai que pedir a cal quera libro para que se converta en obra literaria: que o lector ou lec tora se recoñezan nel e nel encon tren elementos intelectuais para a reflexión sobre o mundo e o tem po presentes, algo que vai máis aló da identificación como xogo de re ferentes feitos a modo de ilusión. Así a lectura farase camiño de experiencia, é dicir de vida. Todo nesta obra é camiño de aprendizaxe, desde o rico e atinado léxico até os xogos, combinacións e mesturas da toponimia, a antroponimia, os xentilicios, os nomes das cousas máxicas… Todo contribúe ao atinado equilibrio narrativo que con segue X. M. Marcos e que eu lin con verdadeiro pracer e aproveitamento. /Xavier DoCampo

Texto de Xabier DoCampo recollido no blog Abellonenia.

Comentarios pechados