Menu Xerais

«Escapado» de Luís Lamela en «Libro aberto» e presentación na Coruña

Hoxe, martes 6 de outubro,  no programa «Libro aberto» da TVG (00:15 horas), será entrevistado Luís Lamela con motivo da aprición de Escapado, a súa primeira novela, na que recupera a historia de Teófilo Caamaño, e a memoria doutros fuxidos e represaliados durante a guerra civil. A entrevista realizouse na illa de San Simón, onde se desenvolve unha parte da novela.

Así mesmo, Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de san Simón será presentada o venres, 9 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Saragadelos da Coruña. Acompañarán ao autor, Emlio Grandío, Carlos Etchevarría e Manuel Bragado.

Comentarios pechados