Menu Xerais

«Europa Express», «Esmeraldina a pequena defunta» e «O papiro do César» levan catro meses nos máis vendidos, aos que se suma «Os fillos da fame»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de abril a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Por cuarto mes consecutivo, repiten os libros que encabezan os apartados de Xuvenil e Infantil: Europa Express, de Andrea Maceiras, é o libro máis vendido en literatura xuvenil; e Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, o máis vendido en literatura infantil, substitúe ao anterior, Escarlatina, a cociñeira defunta; O papiro do César, o novo álbum de Astérix, é o libro máis vendido no apartado de Banda Deseñada. A estes libros súmase Os fillos da fame, de Ismael Ramos, o libro máis vendido no apartado de Poesía.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

 

 

 

Deixa un comentario!